Círculo é un libro continuo e pechado sobre si mesmo, como a serpe Uroboros que se morde o rabo, e que encerra o mundo terríbel e marabilloso, múltiple e repetido. Un libro coma unha burbulla, un vaso hermético que contén nun éter de melancolía as historias que forman o argumento da vida. Tic-Tac
Xesús Miguel de Toro Santos, máis coñecido como Suso de Toro, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor galego.
“Tic-Tac é a novela máis revolucionaria, máis ambiciosa, máis intelixente de cantas en Galicia se levan feito nas últimas décadas, e poida que a máis impresionante escrita nunca na nosa lingua”—Basilio Losada
Fillo de Antonio de Toro orixinario de Formariz (provincia de Zamora) e de Mercedes Santos, orixinaria de Falapaso (Camboño, Lousame). Os seus pais tiveron varios negocios principalmente de hostalería, dos cales cabe destacar o Mañoso na rúa de Sar e o Café Venecia (aberto a día de hoxe) e nos que Suso traballou dende novo.
É licenciado en Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi guionista para televisión e colaborador habitual na prensa e na radio, ata ser apartado polas súas opinións no eido político. Hoxe conta cunha conta da denostada rede social X con máis de 95.000 seguidores. Publicou en galego máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra, ademais de ser traducida a varias linguas, foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas.
En abril de 2010 anunciou a súa retirada como escritor profesional, retomando a súa carreira de profesor de secundaria.
Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 concorreu na lista Os Pobos Deciden. En abril de 2014 foille concedida a Creu de Sant Jordi.
O seu irmán, Xelís de Toro, tamén é escritor.
Dinámico, gracioso e lindo!!
e descubre todas as novidades do libro en galego