«Viva a Comuna!» é a crónica novelada dos sucesos que rodearon a proclamación e a derrota da Comuna de París na primavera de 1871. ╔ a historia dunha revolución, o relato da toma do poder por parte das clases populares dunha cidade que naquela altura era o epicentro da modernidade. Novela de longo
Carlos González Meixide, nado en Vilagarcía de Arousa o 21 de xaneiro de 1977, é un escritor, xornalista e humorista galego.
Debutou na literatura co libro infantil A Miragaia, publicado en 2004 pola Editorial Sotelo Blanco.
A súa novela O Home Inédito, converteuse en 2005 na primeira novela en galego editada en Internet. A súa versión en papel apareceu un ano máis tarde publicada por Ediciós da Rotonda, de Rinoceronte Editora.
A partir de 2014, Meixide autoedita as súas propias obras. Alcanzou notable popularidade unha serie de aventuras de vacacións dun grupo de adolescentes en distintos lugares de Galicia (conformada ata agora polas novelas Ons, Cans, Guitiriz e Arousa).
É tamén editor dos volumes do Bestiario do Vestiario, do xornalista e escritor Martiño Suárez.
Entre as súas achegas ao campo audiovisual destacan as seguintes: codirixiu con Tomás Lijó a curtametraxe O meu nome, o meu mundo, que en 2001 participou no Festival Internacional de Cinema e Vídeo Independente de Nova York; a proxección da curta estaba prevista para o día 11 de setembro, data do atentado das Torres Xemelgas, polo que tivo que ser adiada uns días. A partir daquela experiencia, Lijó e Meixide realizaron o documental Cascallos, proxectado en 2011 no Festival Cineuropa de Santiago de Compostela. Con Tomás Lijó formou tamén o dúo musical Os da Ría.
Entre 2005 e 2009 traballou -primeiro como redactor e máis tarde como director- no programa da Televisión de Galicia Onda Curta, centrado nas curtametraxes.
En decembro de 2018 recibiu o I Premio de Novela Camiño de Santiago pola súa obra Camiño de paixóns.
En 2021 creou canda a Berta Dávila o selo editorial Rodolfo e Priscila.
e descubre todas as novidades do libro en galego