Galicia ten un mar con historia e unha historia con mar. O mar situou o país na cerna da historia europea e do mar chegaron mudanzas que mesmo afectaron á vida cotiá das xentes do interior. Neste libro abórdase a importancia de Galicia nas rutas marítimas que trouxeron a fenicios, gregos e romanos
Isidro Dubert García, nado en Muros o 2 de novembro de 1961, é un historiador e catedrático de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela.
Catedrático de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela dende 2010, é membro do consello editorial de Annales de Démographie Historique . Fundador da revista especializada Obradoiro de Historia Moderna (1991-1992), da que é director na actualidade (2018). Profesor visitante na École des Hautes Études en Sciences Sociales de París no curso académico 2014-2015. Dende 2008, é membro do Consello Asesor Científico do Centro de Estudos de Poboación, Economía e Sociedade da Universidade do Porto. Tamén foi membro do consello de administración da Asociación de Demografía Histórica Española (2008-2011) e membro da Fundación Española de Historia Moderna (2011-2014). Actualmente (2018), é director do Departamento de Historia Moderna.
e descubre todas as novidades do libro en galego