1. INICIO
  2. Libros
  3. ATA QUE A MORTE NOS SEPARE
ATA QUE A MORTE NOS SEPARE

ATA QUE A MORTE NOS SEPARE

Elena Gallego Abad
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Marta Vilas, redactora xefa do «Xornal Galaico», recibe unha invitación para participar na viaxe inaugural do «Xacobus», un cruceiro deseñado para proporcionar unha experiencia única aos pasaxeiros de alto nivel económico que buscan facer a ruta marítima do Camiño de Santiago sen renunciar a todo

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0633-7
EAN
9788411106337
Formato
RUSTICA
Avatar

Elena Gallego Abad

Ver autor

Elena Gallego Abad, nada en Teruel o 27 de maio de 1969, é unha xornalista e escritora galega.

Criouse en Verín. Iniciouse como xornalista en 1987 na emisora de Radio Ourense, pertencente á Cadena SER. Até 1999 traballou noutras emisoras como Radio Minuto Santiago (Ondas Galicia), Radio Popular Ourense (Cadena Cope), Voz de Galicia Radio (Verín) e Onda Cero Ourense (Uniprex).

Entre 1994 e 1996 colaborou como redactora e fotógrafa para os xornais La Voz de Galicia e La Región. En 1999 pasou a traballar no Faro de Vigo nas delegacións de Ourense e Pontevedra. Dende 2002 a 2013 traballou na delegación dese medio en Cangas. Foi conferenciante e articulista en medios como Diario de Pontevedra, con diversas reportaxes na revista Luzes. Impartiu obradoiros de escrita creativa, entre eles Pontevedra Ficción.

Pertence ao Colexio Oficial de Xomalistas de Galicia (representante territorial en Pontevedra) e á Federación Internacional de Periodistas. Foi pregoeira das Festas da Virxe do Carme de Marín 2015 e da Feira do Libro de Verín 2018.

Iniciouse como escritora coa triloxía de novelas xuvenís Dragal I, a herdanza do dragón, publicada por Edicións Xerais en abril de 2010 (11ª edición en 2019); logo Dragal II. A metamorfose do dragón (4ª ed. en 2019); Dragal III. A fraternidade do dragón (2012), 2ª ed. en 2019. En 2015 comezou unha nova triloxía con Dragal IV. A estirpe do dragón e Dragal V. O segredo do dragón (2019).

O Proxecto Dragal é unha iniciativa multimedia con base na triloxía literaria Dragal. A produtora galega Ficción Producciones apostou por desenvolver un ambicioso proxecto que inclúe a acomodación da saga literaria a formatos cunha clara vertente tecnolóxica: adaptación ao cinema, creación de videoxogos para varias plataformas ou montaxe dun cómic.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Elena Gallego Abad

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego