Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
No universo, unha galaxia; nela, un sistema solar, un planeta, un continente, unha península e, na súa punta máis salgada, un recanto feliz. Un lugar onde os mexillóns non xogan ao béisbol e Doraemon ten gardado no seu peto máxico un chimpín. Alí poderás facer piragüismo, empanadas, beatbox... e
No universo, unha galaxia; nela, un sistema solar, un planeta, un continente, unha península e, na súa punta máis salgada, un recanto feliz. Un lugar onde os mexillóns non xogan ao béisbol e Doraemon ten gardado no seu peto máxico un chimpín. Alí poderás facer piragüismo, empanadas, beatbox... e mesmo cantar un gol! Un sitio distinto, de mulleres bravas e cabalos ao galope, onde caen chuzos de punta e contan os tacóns, hai troula a todas as horas e, no faro da fin do mundo, agarda por ti un solpor. E mentres, a poesía, chovendo versos, na súa tinta ou masterchof, que vén pra quedar, pra quedar, pra quedar... E as palabras, patas arriba, aturuxando e facendo equilibrios imposibles. Mergúllate nas páxinas deste libro: malo será que non descubras, antes ou despois, de que estamos a falar. Dígocho eu!
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro