A protagonista de «As augas interiores» embarca rumbo a Terranova nun buque de salvamento marítimo que pretende estudar o escenario dun naufraxio. A nave non dá avanzado, xira arredor de si mesma igual ca unha obsesión ou un remorso, cústalle subir cara ás augas frías onde se amorean os restos de
Blanca Riestra Rodríguez-Losada, nada na Coruña o 4 de maio de 1970, é unha escritora galega en linguas galega e castelá.
Comezou os estudos de Dereito na Coruña, e licenciouse e doutorouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Na súa época de estudante escribiu a súa primeira novela Anatol y dos más (1996). En 1997 foi incluída na antoloxía Páginas Amarillas en 2000 en Ni Ariadnas ni Penélopes.
Viviu durante seis anos en Dijon (Francia), onde escribiu a súa tese sobre Juan Larrea doutorándose en Filoloxía Hispánica na Universidade de Borgoña e tamén e a súa segunda novela La Canción de las cerezas coa que gañou o Premio Ateneo Joven de Sevilla en 2001. En 2000 trasladouse a Madrid para dedicarse á escritura e á crítica literaria para Blanco y Negro Cultural, articulista de opinión e actualidade cultural en La Voz de Galicia e de viaxes en El País e El Mundo. En 2003 marchou a Roma como bolseira da Academia de Espagna por espazo de seis meses. Alí ensinou literatura na Universidade de Roma La Sapienza. Foi directora do Instituto Cervantes de Albuquerque (Estados Unidos).
Traballa como profesora de secundaria no IES Neira Vilas de Oleiros (A Coruña).
e descubre todas as novidades do libro en galego