Que pasaría se un día a famosa corporación Piña te convida a estudar na misteriosa Escola Robot E se a escola está nunha illa móbil Pódese crear un robot con forma de gato Existen as pantasmas con calzóns de cocos Pode unha nena que está nun hospital ir á clase a través do seu avatar robótico Que
Anxo Xabier Fariña Temprano, nado en Vigo en 1977, é un ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís galego.
Licenciado en Belas Artes. Escritor, ilustrador e director de Arte. Ten participado en Salóns do Libro, obradoiros de ilustración, conferencias para docentes ou en campañas de promoción do galego para a Xunta de Galicia, como «Graffiti e letras», «Creando historias con Anxo Fariña» e «Ti creas a historia».
Destaca a súa utilización da cor, e un estilo de debuxo áxil e sinxelo. Nas súas historias mestúrase o humor coa aventura, sen descoidar a incidencia en temas sociais. En 2011 obtivo o Premio Merlín polo libro A chave da Atlántida.
e descubre todas as novidades do libro en galego