FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes das FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En «Misión Samaín» as FORMIG4S entran no Alén tras os pasos dun enigmático escaravello branco. Alí atópanse
Pere Manuel Tobaruela Martínez, nado en Barcelona o 14 de novembro de 1965, é un escritor en catalán, galego e castelán.
É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Barcelona, comezando a súa carreira literaria en 1999, primeiro en catalán, e posteriormente en lingua galega. Chegou a Galicia o 26 de decembro do 2005 e en setembro do ano seguinte presentou a primeira obra en galego. Reside actualmente en Rois.
e descubre todas as novidades do libro en galego