Os poemas deste libro están ateigados de ritmo e de luz. De xogo, de música, de natureza e de aldea. De sentimento e reivindicación do noso. Como apunta o poeta Antonio García Teijeiro no epílogo do libro, «Son poemas para seren lidos en voz alta. Para cantalos e acompañalos con xestos e palmas.
María Mercedes González Rodríguez, coñecida literariamente como Claudia Castro, nada no Castiñeiriño (Santiago de Compostela) o 30 de decembro de 1972, é unha xornalista e escritora galega. Dende 2011 reside coa súa familia no lugar de Penelas (Teo). Boa parte do seu tempo transcorre en Corme, na Costa da Morte.
Estudou Xornalismo e Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela e Socioloxía na UNED. Traballa no eido da comunicación corporativa dende 1995.
O compositor Fernando Vázquez Arias púxolle música a catro poemas seus: Amor é mar, Corme, Camiño dos faros e Azul. É colaboradora habitual da revista de poesía Andar 21 , así como doutras publicacións en lingua galega e portuguesa.
e descubre todas as novidades do libro en galego