Carola é unha nena cunha grande imaxinación e unha habilidade aínda máis grande para «adaptar a realidade» ao seu favor. Ou dito doutro xeito: para mentir. Pero que sucede cando as súas invencións toman vida O que comeza como unha mentira inocente acaba levando a Carola a unha caótica aventura chea…
Érica Esmorís, nada na Coruña en xullo de 1977, é unha escritora galega.
Estudou na Universidade de Santiago, campus de Lugo, exerceu como veterinaria durante un tempo e traballou nos departamentos de guión e dirección en varias produtoras audiovisuais galegas.
En Esta é a miña historia e terás que crela, de Érica Esmorís (Edicións Xerais) atopamos unha gran novela infantil sobre os límites da fantasía e a realidade. Carola é unha nena que vive cos seus pais, co seu irmán Mik e que ten un avó convencional pero en certos momentos, para saír do paso, opta por contar mentiras que un o día comezan a facerse realidade: o seu can Tobías come instrumentos, o seu avó surfeiro, agora é filla única... Vivir nese mundo está ben ata un punto pero bota de menos a seu irmán e terá que reflexionar sobre o realmente importante e a importancia da verdade. Unha preciosa novela coa que a autora gañou o Premio Raíña Lupa en 2024 e co que calquera nena ou neno poderá gozar da lectura. Require un certo nivel lector pero a trama non é moi esixente e pode valer para lectores de 7 a 11 dependendo da autonomía lectora. Moi recomendable e permite unha interesante reflexión posterior.
e descubre todas as novidades do libro en galego