Xurdido do azar, da carencia e, en maior medida, da relación persoal entre Xesús Fraga e Xerardo Quintiá, «Tempo de correspondencia» valora a comunicación, non só como un acto de achegamento entre eles, senón como forma de reclamar un espazo onde entendernos a nós mesmos e, á vez, entendermos o…
Que é unha amizade? Para calquera que non o teña claro, a lectura de Tempo de correspondencia daralle moitas pistas. Neste libro de formato epistolar, publicado en Xerais e no que Xesús Fraga e Xerardo Quintiá se comunican en correos ao longo dun par de anos, podemos ver moitas das facetas da amizade: preguntar pola saúde, por como vai esa negra sombra que a medicación vai mitigando, falar de temas dos que un non se atrevería a falar con calquera, recordar música (e boa música, por certo), lecturas, traballo, familia, viaxes e sempre desde unha perspectiva que transcende o mero relato. En todo caso facendo sempre propostas e aportacións pensando no destinatario que conseguiron crear un lugar para a intimidade. As diferentes orixes dos autores non son impedimento para que os puntos de encontro sexan moitos, en profesión, problemas, gustos, intereses, etc. e todo mantido ao longo dos anos. Así, pouco a pouco foi fraguando esta amizade que as cartas nos permiten ver, igual que Xesús ve coa cámara o sorriso da moza da portada. Coñecemos as súas obras, pero este libro de fácil e agradable lectura daranos unha visión moi diferente da parte humana que hai detrás, en especial dos atrancos vitais e laborais que non sempre vemos desde fóra. Un libro moi diferente pero interesante e de cuxa lectura gocei moito. En todo caso, un libro para ler a modo.
e descubre todas as novidades do libro en galego