Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Entrar á cultura do Xapón lévanos ao coñecemento, a emocións profundas. O poeta asume o Wabi-Sabi: a beleza do transitorio, do imperfecto, do incompleto, a impermanencia, a austera soidade. A sakura: a beleza efémera das pétalas da flor a caer. Á escrita en chinés otokode, «mao de home», só podía…
Entrar á cultura do Xapón lévanos ao coñecemento, a emocións profundas. O poeta asume o Wabi-Sabi: a beleza do transitorio, do imperfecto, do incompleto, a impermanencia, a austera soidade. A sakura: a beleza efémera das pétalas da flor a caer. Á escrita en chinés otokode, «mao de home», só podía acceder a nobreza masculina. Elas crearon a propia escrita, o hiragana, «mao de muller», e unha fascinante literatura. A mao de muller guiará o poeta. Non así o código do samurai, «o camiño do guerreiro», grato ao militarismo. A nos ollar, Hiroshima e Nagasaki desde un xenocidio cruel. Así Gaza.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Cesáreo Sánchez Iglesias (1951) publicou en 1978 o poemario «Silencios e conversas de Inverno». Logo virían «Antonte das salamántigas» (1980), «O cántico da fonte» (1982), «Ortigas da memória» (1985), «Mar do fin da terra» (1987), «A árvore das sete palavras» (1989), «Do olvido o río» (1993), «O rostro da terra» (1996), «A escrita do silencio: Antoloxía persoal» (1997), «Evadne» (1999), «O rumor do distante» (Premio Esquío 2000), «Variacións nube» (2004), «Escrita luz» (2006), «O paraíso das sombras» (2009), «Caderno do Nilo» (Xerais, 2013, Premio Antón Losada Diéguez 2014), «Tempo transfigurado» (2017), «As bolboretas do Mekong» (Xerais, 2018), «A árbore que dá as lágrimas de Shiva» (Xerais, 2022) e «A lúa nas cerdeiras de Hiroshima» (Xerais, 2027). É presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).