1. INICIO
  2. > Libros
  3. > OPERACIÓN LOLA CAROLA
OPERACIÓN LOLA CAROLA

OPERACIÓN LOLA CAROLA

Fina Casalderrey
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

A historia que quero contar comezou non hai moito e miña irmá e mais eu estamos superpreocupadas. Non sabemos se deberiamos dicirlles todo a mamá e a Ricardo Eliécer Neftalí ou se primeiro temos que conseguir probas irrefutables, que se di así. «Irrefutables» son as probas que serven para demostrar…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Data publicación
2027-01-14
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0909-3
EAN
9788411109093
Avatar

Fina Casalderrey

Ver autor
Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1951) é un dos grandes nomes da literatura galega, distinguida ao longo da súa traxectoria con prestixiosos premios e recoñecementos. Deuse a coñecer en 1991 coa novela xuvenil «Mutacións xenéticas», ano en que gaña o Premio Merlín de Literatura Infantil con «Dúas bágoas por Máquina» (1992-2025). En 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por «O misterio dos fillos de Lúa», obra que xa obtivera o Barco de Vapor 1994. Desde entón, publicou máis de setenta títulos, dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís, aos que lles hai que sumar as historias recollidas en volumes colectivos. Ademais, colabora en prensa con artigos e traballos para diferentes publicacións. Os seus libros, escritos orixinalmente en galego, tradúcense acotío a outras linguas. Desde novembro de 2013 forma parte da Real Academia Galega. É nomeada en varias ocacións como candidata española aos Premios Andersen e Astrid Lindgren. En Xerais publica unha parte importante da súa obra; os títulos máis recentes son «Historia da bicicleta dun home lagarto» (2014), «O xenio da Cidade do Sal» (2021), «A Muller Xabaril» (2023) e «Operación Lola Carola» (2027).
A súa web é fina.casalderrey.com
Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai recensións.

Outros libros de Fina Casalderrey

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego