1. INICIO
  2. > Libros
  3. > CONTAS DE BUXO
CONTAS DE BUXO

CONTAS DE BUXO

Raquel Fernández Fernández
0 veces listado

Lara é unha adolescente que saca boas notas e que nunca dá problemas, pero iso muda cando abandona Gondomar e sobe a un autobús sen lle dicir a ninguén a onde vai. Tras dela, un desengano amoroso, os silencios da súa familia e un León que, sen descanso, a persegue nos seus pesadelos. Sen saber moi…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Data publicación
2024-02-29
Páxinas
142
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4117-6193-2
EAN
9788411761932
Formato
RUSTICA
Avatar

Raquel Fernández Fernández

Ver autor

Raquel Fernández Fernández (Nigrán, 1972) exerce como chef nun restaurante da súa propiedade no Val Miñor. A pesar do afastado do mundo literario que poida parecer o seu día a día, a lectura e a escrita sempre formaron parte da súa vida. Ao longo dos últimos anos acadou máis dunha quincena de premios polo seu labor poético e narrativo, entre eles o Certame Literario do Concello de Ames (2020) nas modalidades de poesía e narrativa, o segundo premio de poesía do Certame Manuel Orestes Rodríguez do Concello de Paradela (2020), o primeiro premio de Relato Curto en Prol da Igualdade do Concello de Melide (2021), o premio de narrativa do concurso Literario Xaime Illa Couto (2022) ou o Certame de Microrrelatos do Concello de Vilalba (2020, 2022, 2023). En marzo de 2024 publicou a súa primeira novela dirixida ao publico xuvenil, «Contas de Buxo». En xuño dese mesmo ano resultou gañadora do XVI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con «I'm Obélix» (Xerais, 2024).

Valoracións das lectoras e lectores
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
4

Despois da visita de Raquel Fernández ao noso club de lectura animeime a ler a súa primeira novela, Contas de buxo, que me sorprendeu moi favorablemente. Contas de buxo foi publicada en 2024 na colección Costa Oeste da Editorial Galaxia. Digo que me sorprendeu favorablemente porque era unha novela que non coñecía e da que tampouco oíra falar pero que dentro de ser unha obra para público xuvenil está moi ben construída e consegue manter o interese ata o final. En Gondomar vive Lara con seu pai e seus avós maternos despois de que a nai decidira abandonalos hai anos. Este feito sobrevoa a vida familiar pero nunca se nomea, simplemente está aí. A raíz dun desencontro co mozo, Lara decide poñer terra por medio pero sen saber ben como acaba en Ribadeo. Alí a casualidade fai que atope ao seu curmán e que xuntos decidan investigar o pasado de súa nai, especialmente despois de coñecer que o Francés, coñecido de súa nai, volveu á vila. Pero paralelamente en Gondomar a familia denuncia a desaparición da rapaza e tiran das pistas ata dar chegado a Ribadeo, onde Silvia, a tía, aínda non sabe nada do que está pasando moi preto dela. A vida sempre depara sorpresas e así sucede coa resolución desta historia, que se vai apartando das suposicións que puidemos facer inicialmente. Unha moi boa historia para público adolescencia, de fácil lectura e que mantén a intriga ata o final. Gústame o que vou lendo de Raquel Fernández e xa me tarda a súa vindeira novela!

Outros libros de Raquel Fernández Fernández

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego