1. INICIO
  2. Libros
  3. I'M OBÉLIX
I'M OBÉLIX

I'M OBÉLIX

Raquel Fernández Fernández
0 veces listado

Isma, un mozo de 13 anos, afronta un novo curso do instituto cun cambio significativo na súa vida: unha diagnose de TDAH. O que en principio semella algo positivo para a familia, xa que chega acompañado de respostas -e mesmo de certo alivio-, converterase nun drama no ámbito escolar, onde o

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0587-3
EAN
9788411105873
Formato
RUSTICA
Avatar

Raquel Fernández Fernández

Ver autor

Raquel Fernández Fernández (Nigrán, 1972) exerce como chef nun restaurante da súa propiedade no Val Miñor. A pesar do afastado do mundo literario que poida parecer o seu día a día, a lectura e a escrita sempre formaron parte da súa vida. Ao longo dos últimos anos acadou máis dunha quincena de premios polo seu labor poético e narrativo, entre eles o Certame Literario do Concello de Ames (2020) nas modalidades de poesía e narrativa, o segundo premio de poesía do Certame Manuel Orestes Rodríguez do Concello de Paradela (2020), o primeiro premio de Relato Curto en Prol da Igualdade do Concello de Melide (2021), o premio de narrativa do concurso Literario Xaime Illa Couto (2022) ou o Certame de Microrrelatos do Concello de Vilalba (2020, 2022, 2023). En marzo de 2024 publicou a súa primeira novela dirixida ao publico xuvenil, «Contas de Buxo». En xuño dese mesmo ano resultou gañadora do XVI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con «I'm Obélix» (Xerais, 2024).

Valoracións das lectoras e lectores
3.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

100%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Raquel Fernández Fernández

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego