1. INICIO
  2. > Libros
  3. > NARRATIVA INÉDITA E DISPERSA
NARRATIVA INÉDITA E DISPERSA

NARRATIVA INÉDITA E DISPERSA

Luísa Villalta
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Neste volume compílase a narrativa inédita e dispersa de Luísa Villalta, agrupada arredor de cinco bloques: “Preludios e fugas”, “Cartas de amor”, “Manual de cartas de amor”, “Logos” e “Mil caracteres”. Textos que poñen de relevo, unha vez máis, o carácter multixenérico da escrita de Villalta, e…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Data publicación
2024-12-02
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4117-6352-3
EAN
9788411763523
Avatar

Luísa Villalta

Ver autor
Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), alén de extraordinaria poeta, foi unha destacada narradora, dramaturga, ensaísta, tradutora, filóloga e violinista. Viron a luz os seus poemarios Música reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995) e En concreto (2004), que se recollen en Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004) (Galaxia, 2023), que a converteron nunha das voces máis importantes da literatura galega dos nosos tempos. No campo dramático, salientan: Concerto para un home só (1989), O representante (1990), O paseo das esfinxes (1991), As certezas de Ofelia (1999), Os doces anos da guerra (2011) e Teatro completo (Galaxia, 2024), recompilación de todos os seus textos. Como narradora publicou Silencio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997), As chaves do tempo (2001), publicados por xunto en Narrativa reunida (1991-2001) (Galaxia, 2024). Tamén deu ao prelo os ensaios O Don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral (1992), Libro das colunas (2005; Galaxia, 2024) e O outro lado da música, a poesía (1999, Galaxia, 2021), ademais da edición de Formas breves de pensamento (Galaxia, 2024).
Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai recensións.

Outros libros de Luísa Villalta

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego