Este é un libro de prosas breves escrito para persoas escépticas e perplexas. E non só para elas. Son benvidos a estas páxinas amantes da lectura a quen lles guste ir peteirando un pouco de aquí e un pouco de acolá, deixándose levar e sorprender. Vantaxes e inconvenientes de case todo fala de
Xosé Carlos Cermeño Baraja, coñecido como Xosé Cermeño, nado na Coruña o 12 de maio de 1959, é sociólogo, guionista, director e escritor galego. É licenciado en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid.
Foi xefe de comunicación na Consellería de Cultura e Deportes (1986-1990). Ten colaborado en La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El País, El Correo Gallego, Claves e o primeiro editor da edición en galego de O Correo da Unesco (1990).
Como dramaturgo é autor de A meiga e a toupeira (1983), Ela chegou e dixo (1984), Almas perdidas (1987), Pedro e o lobo (1989).
e descubre todas as novidades do libro en galego