1. INICIO
  2. > Libros
  3. > BOSQUE
BOSQUE

BOSQUE

Antón Blanco Casás
0 veces listado
En Bosque, o poema revela un mundo se cadra anterior, mais tamén atemporal. Sinala os movementos e as articulacións do que é natural;
e reclámaas para si coma linguaxe.

A través de recursos como a polifonía e a partición, o espazo ou o poema, sóñase concéntrico, circula: ábrese.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Data publicación
2025-11-12
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4117-6515-2
EAN
9788411765152
Avatar

Antón Blanco Casás

Ver autor

Antón Blanco Casás, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) o 9 de xaneiro de 1996, é un poeta galego.

Estudou Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Foi primeiro premio de poesía na XLII edición dos Premios Minerva. Ten publicado poemas nas revistas Dorna e Grial. En xuño de 2016 publicou o seu primeiro poemario, A oseira, sendo o primeiro número da editorial Chan da Pólvora.

Formou parte do grupo de música experimental Canino e tocou a batería no grupo Atrás Tigre. É profesor de educación secundaria.

Valoracións das lectoras e lectores
5.0
1 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
5

Este poemario de Antón Blanco Casás, que foi galardoado co Premio Victoriano Taibo, contén un conxunto de poemas áxiles que amosan a conexión entre palabra e natureza. Neste poemario vemos como o tempo se funde, desaparece, achegándonos desde a antigüidade, desde o máis profundo á palabra que se funde coa natureza. Todos os poemas teñen unha gran capacidade evocadora. A lingua e a escrita lévannos a un mundo natural extremadamente elaborado, complexo e conseguen que se funda no tempo. Antón Blanco é quen de crear todo un universo propio, rico e elaborado. Destacaría a capacidade de evocación e a gran expresividade lingüística. Aparece a figura da neanderthalensis, da pantera, das diferentes árbores do bosque, a natureza en todas as súas dimensións. Un mundo enteiro que xorde da palabra. Atopamos un poemario de gran elaboración que gustará a todos os que desexen reflexionar sobre o aspecto que nos fai máis humanos, a lingua, desde o bosque, gran imaxe dun mundo complexo e que nos remite ao comezo dos tempos.

Outros libros de Antón Blanco Casás

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego