Comemos porque é unha necesidade biolóxica. Comer é inseparable do feito de estarmos vivos, pero tamén comemos porque nos gusta, e soubemos converter esa necesidade nun pracer. Ademais, dicimos que a comida é cultura porque forma parte esencial da nosa vida en común. Producir alimentos e…
Este libro de Xosé Cermeño, Por que comemos? E outras preguntas sobre o pracer e a historia da comida, é unha nova publicación informativa dentro da colección Lanterna de Aristóteles coa que nos agasalla Galaxia. Este libro contén unha serie de breves textos de unha a tres páxinas nos que o autor vai debullando diversos temas relacionados coa comida. Fálanos de por que comemos, como comemos e, sobre todo, de que comemos. Trata cada tema con detalle e boa fundamentación en diversos autores e bibliografía cada un dos aspectos e, ao mesmo tempo, nunha linguaxe moi accesible para calquera pero especialmente para os lectores novos interesados no mundo da alimentación. A parte central da obra é cada un dos alimentos máis tradicionais da nosa alimentación en Galicia, desde repolos, grelos, pementos (tamén os de Mougán que teño eu na horta), cogomelos ou millo a carnes como as de vaca, porco celta, pitas, sardiñas ou mexillóns. Non esquece tampouco pan, pasta, chocolate ou viño, conseguindo que teñamos unha visión de conxunto do que é a alimentación, que aúna propiedades nutricionais e cultura pois a alimentación que herdamos é parte da nosa historia aínda que non apareza nos manuais desta materia. Calquera lector atopará moitas curiosidades e datos que farán que non volva mirar o seu prato dos mesmos ollos. A lectura ábrenos novos interrogantes e preocupacións: como esquilmamos os recursos alimenticios, como foron entrando e saíndo alimentos da nosa dieta habitual ou se comeremos máis alimentos ultraprocesados nun futuro. Facer de algo tan cotián como a comida un libro tan informativo e ben escrito é todo un gusto e axudaranos a entender o noso mundo sen que para iso necesitemos ter uns coñecementos previos. Que gran obra para sumar a esta colección tan necesaria nas nosas bibliotecas!

e descubre todas as novidades do libro en galego