1. INICIO
  2. > Libros
  3. > CLOVER
CLOVER

CLOVER

Beatriz Cabaleiro
0 veces listado

Clover é unha porquiña norirlandesa que acaba de chegar ao equipo de baloncesto de Vila Liberdade. As súas manchiñas, coa curiosa forma do trevo, van chamar a atención das súas compañeiras e espertar as súas suspicacias. ┴lbum bilingüe galego-inglés pensado para lectores de Primaria. O debú de…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Aira
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4121-3245-8
EAN
9788412132458
Formato
RUSTICA
Valoracións das lectoras e lectores
5.0
1 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
5

📚Eses días Beatriz Cabaleiro achegoume Clover, un libro diferente ao habitual na literatura infantil galega, pois é un libro bilingüe galego-inglés pensado para rapaces de primaria que xa teñan certa competencia lectora en galego. Clover preséntanos a unha porquiña que acaba de chegar a Vila Liberdade e é acollida no equipo de baloncesto pero logo se lle presenta o problema de ser diferente. Non ten amizades pois acaba de chegar e ten unhas manchiñas diferentes ás do resto do equipo. Terá que buscar a maneira de ser aceptada no equipo a pesar desta diferenza pero para iso conta cunha adestradora que sabe manexar a situación. Este álbum ilustrado Beatriz Cabaleiro presenta a dobre páxina os textos en galego e inglés con diferente tipografía acompañados das ilustracións de Blanca Millán, que sempre son un acerto. Temos ante nós un gran libro para traballar a empatía e iniciar aos máis novos nos textos en lingua inglesa. O apoio do texto en galego é unha gran axuda pero tamén existe a posibilidade de limitarse ao texto en galego se así se desexa. Como profesora de inglés estou afeita a que as lecturas nesta lingua tanto enfocadas para primaria como para secundaria sexan maioritariamente de editoriais británicas e, dado que estas adaptacións sempre deben ter en conta o seu público, este tipo de edicións galego-inglés son todo un acerto para calquera biblioteca escolar. Ademais Aira pon á disposición dos lectores e profesorado acompañante materiais complementarios para reforzar o vocabulario clave do libro. Xa son toda unha fan de Clover!

Outros libros de Beatriz Cabaleiro

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego