EDICI╙N CONMEMORATIVA DO XXV ANIVERSARIO DA PUBLICACI╙N Nas vésperas da Revolución francesa, a finais do século XVIII, a nave L?╔pée parte da Bretaña coa misión de atopar unha vía segura que conecte o Atlántico e o Pacífico a través do ┴rtico occidental. Ao mando da expedición vai o capitán
Francisco Xavier Vázquez Álvarez, coñecido como Xavier Queipo, nado en Santiago de Compostela o 9 de decembro de 1957, é un biólogo e escritor galego.
Licenciado en Bioloxía (1979) e Medicina e Cirurxía (1982) pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1989 viviu e traballou en Bruxelas ata a súa xubilación. Colaborou no portal web Vieiros, na Revista das Letras, no semanario A Nosa Terra, e na revista Grial. Mantivo unha columna de opinión semanal no programa da Radio Galega Diario Cultural. En 2011 gañou o Premio Xerais coa novela Extramunde e en 2015 o Premio Blanco Amor con Os kowa. Desde xaneiro de 2020 mantén unha colaboración semanal no único diario editado en papel na Galiza, Nós Diario.
e descubre todas as novidades do libro en galego