Galicia leva máis dunha década na escuridade logo dun apagón que fixo desaparecer a electricidade. Mais polos negativos e positivos investigan como recuperar as enerxías. Quen gañará o desafío? Segundo volume da serie de aventuras protagonizada por Mariña. Unha frenética aventura na que a moza
Miguel Robledo (Ourense, 1970). Ilustrador autodidacta, iniciouse no mundo da banda deseñada antes de pasar á ilustración editorial e á comunicación gráfica.
Traballou na industria da animación, tanto en proxectos de televisión como en produtoras cinematográficas.
Actualmente é director de arte de Aira Editorial, onde ten ilustrados , entre outros, Frankenstein de Mary Shelley, Unha noite no tren da Vía Láctea de Kenji Miyazawa, Heidi de Johanna Spyri e Tres contos para nenas malas de José Ovejero.
Territorio (Astiberri, 2024) é a súa primeira obra a nivel nacional.
e descubre todas as novidades do libro en galego