A parella que forman o Vítor e o Anxo viaxa a Lisboa canda os seus amigos Elisa e Tom. A luz e a fascinación da cidade obrígaos a mirar para si mesmos e para o seu amor sen a protección dos sobreentendidos e a rutina. O debú no cómic de Esteban Souto é unha novela gráfica moi moderna e profunda
Son un ilustrador de Salvaterra de Miño (Galicia) que ata 2019 traballaba como enxeñeiro. Dende entón tiven a oportunidade de ilustrar libros para Edicións Xerais de Galicia, Editorial Galaxia , Antela Editorial e Adapta Editorial, facer un cómic para Aira Editorial e colaborar na revista da asociación Gehitu.
Nesta páxina web mostro, ademais deses traballos, ilustracións preparadas para concursos e outras que fixen por diversión.
e descubre todas as novidades do libro en galego