Maia ten 17 anos, adora os libros antigos e sempre anda á pelexa coa súa melena loura e riza. A súa vida vai mudar cando descobre que está a nacer nela un novo e descoñecido poder. Novas figuras e forzas ancestrais porán a proba a súa resistencia e o seu corazón. Novela xuvenil de fantasía cotiá,…
creo que tiven un problema de expectativas con este libro. isto non significa que esperase unha obra super complexa. é máis, estaba gostando moito dos toques trashy que tiña. o problema é que, co mundo que plantexa, esperaba que as sementes de información que se van plantando ao longo da historia culminasen dalgunha forma: algunha reviravolta, algún suceso extraordinario, unha maior análise dos personaxes e das súas accións... porén, noi foi nada diso. seguiu igual de básico dende o inicio ata o final. aínda que tampouco é unha copia máis dos milleiros de libros xuvenís de anxos e demos que hai, a historia quedou demasiado simple. non houbo risco de facer algo máis novidoso, que rachase coas tramas de sempre. está claro que isto ten que ver coas miñas expectativas, o que é gracioso porque no momento de mercar o libro tampouco esperaba gran cousa. simplemente sabía que era unha fantasía en galego, iso érame suficiente. o que ocorre é que puiden ver un potencial que non chegou ao seu máximo. realmente atopei varios puntos de inflexión nos que o libro podería pasar de bo a incrible. basicamente: se tedes algo de nostalxia polos libros xuvenís de anxos e demos típicos dos 2000/2010 (tipo Dos velas para el diablo, aínda que gostei máis dese por diversos motivos), dádelle unha oportunidade.
e descubre todas as novidades do libro en galego