Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Este libro propón unha viaxe de coñecemento do Ribeiro a través da súa toponimia. Ademais, esta edición amplíase para abordar o estudo dos nomes das castes de uvas (treixadura, tarrantés, ...), unha rama da onomástica apenas explorada. Tamén para estudar as etimoloxías duns poucos nomes comúns
Este libro propón unha viaxe de coñecemento do Ribeiro a través da súa toponimia. Ademais, esta edición amplíase para abordar o estudo dos nomes das castes de uvas (treixadura, tarrantés, ...), unha rama da onomástica apenas explorada. Tamén para estudar as etimoloxías duns poucos nomes comúns característicos do Ribeiro (cavadura, moio, ...). Coa idea de que o Ribeiro, ademais de ser o nome dunha terra, é epónimo dun viño e dun xeito de ser que están no cerne da cultura, da historia e da tradición de Galicia. Pero, dentro dun contexto cultural no que só as utilidades prácticas, os beneficios materiais e a posta en valor de calquera ben patrimonial se consideran importantes, convén sinalar que este libro fuxe de todo iso. Non trata de venderlle nada ó lector, tan só de satisfacer o seu desexo de saber, a súa curiositas. Porque a verdadeira cultura, pensa o autor, segue residindo na cultura animi de Cicerón, é dicir, no cultivo do espírito.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro