1. INICIO
  2. Libros
  3. OS OITO MITOS DE PALERMO
OS OITO MITOS DE PALERMO

OS OITO MITOS DE PALERMO

Antonio Seijas
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Que nos evocan o nome das cidades míticas? Como se filtran no noso subconsciente as experiencias que vivimos? Como gobernan a nosa rutina os soños que nos fascinan? Este libro de poemas combina potentes imaxes visuais e un vertixinoso ritmo. Unha ferida literaria profunda. A obra que consolida a

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
AIRA EDITORIAL
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4128-5814-3
EAN
9788412858143
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

Antonio Seijas

Ver autor

Antonio Seijas Cruz, nado en Ares, o 19 de xullo de 1976, é un historiador da arte, ilustrador, deseñador, fotógrafo, pintor, poeta e autor de banda deseñada galego.

Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (1994-1998), iniciou o seu traballo coa caricatura, publicada en revistas galegas como Golfiño e Murguía.

O seu primeiro traballo de ilustración publicouse en 2006 co título Un Hombre Feliz, con prefacio de Miguelanxo Prado . En outubro de 2012 adaptou o libro Cartas de inverno do autor Agustín Fernández Paz. La Luz é o seu terceiro traballo, estreado en marzo de 2014, e gañador do mellor traballo de banda deseñada de España. Foi o ilustrador da obra Miña querida Sherezade escrita por Andrea Maceiras, gañadora do Premio Moira en 2014 e do libro Castañeiro de Abril, de Antonio Fraga. O Soño da Serpe é a súa primeira novela, con acontecementos centrados na súa terra natal. 

O libro é apto para público xuvenil e adulto. No ámbito musical, realizou o traballo artístico do disco Happiness Is the Road da banda Marillion . Colaborou no álbum Demon, da banda norueguesa Gazpacho, e ilustrou álbums das bandas Discanto, Harvest, The Wishing Tree, Nine Stones Close, John Jowitt´s arK, 50hz e The Dave.

En 2020 gañou o premio á mellor novela gráfica, coa obra A Chaira, unha obra especialmente ambiciosa na que dialogan abertamente tres das grandes vocacións de Seijas: a literatura, o debuxo e o deseño do propio libro como obra artística.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Antonio Seijas

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego