Esta é unha novela sobre o pai. Sobre a relación entre unha filla escritora e o seu pai alcólico. Sen edulcorantes nin grandilocuencia. Literatura que manca e fascina. Unha obra sobre o amor e a memoria onde o misterio queda pechado dentro dos muros da casa. Eider Rodríguez edifica a súa historia…
Material de construción é un libro que conta a relación dunha filla co seu pai borracho perdido. E deses libros tan metidos na cabeza da escritora que hai parágrafos duros, escritos sen piedade, pero outros dos que non entendemos nada, aínda que todo serve para sedimentar unha relación tenra de amor filial. A base de restos de aluvión acabamos por collerlle cariño á historia. Pero nese porfiar por querer ser un caleidoscopio total, para entender a figura paterna, o libro engade como uns anexos as partes 3 e 4 con cambio de narrador e dando protagonismo a unhs cartas do propio pai, que creo que fan perder homoxeneidade e harmonia á novela. Se cadra deberon ser fagocitadas noutra parte so libro, porque ao fin, poñen orde no caos de lembranzas e situacións. Así, con esas separatas, non queda tan redondiña. Pode facer esta novela dupla con aquel outro de Sarah Hepola, na que se relataba as historias alcohólicas da propia escritora, aínda que este o teño supersuliñado, indicador fiable do que me gustou máis
Material de construción é un libro que conta a relación dunha filla co seu pai borracho perdido. E deses libros tan metidos na cabeza da escritora que hai parágrafos duros, escritos sen piedade, pero outros dos que non entendemos nada, aínda que todo serve para sedimentar unha relación tenra de amor filial. A base de restos de aluvión acabamos por collerlle cariño á historia. Pero nese porfiar por querer ser un caleidoscopio total, para entender a figura paterna, o libro engade como uns anexos as partes 3 e 4 con cambio de narrador e dando protagonismo a unhs cartas do propio pai, que creo que fan perder homoxeneidade e harmonia á novela. Se cadra deberon ser fagocitadas noutra parte so libro, porque ao fin, poñen orde no caos de lembranzas e situacións. Así, con esas separatas, non queda tan redondiña.
e descubre todas as novidades do libro en galego