«Extra!» é a nova obra de Paco Nogueiras logo de «Radio Bulebule» e de «Brinca vai!» (III Premio Martín Códax da Música - Infantil) que, trala súa publicación deron lugar a varios espectáculos cos que o compositor e intérprete percorreu festivais, escenarios e escolas de toda Galicia. O autor volve
Diplomado en Graduado Social, músico e actor. Tras formarse cos artistas Andrés Pazos e Fabio Mangolini, impartiu clases de teatro e dirixiu representacións en entidades culturais e escolas. Foi actor e percusionista de Els Comediants e Os Quinquilláns.
Foi membro do grupo folk Ophiusa e tamén da Orquestra Os Modernos (Premios Martín Códax da Música na categoría de Orquestras e Grupos de Verbena no ano 2016) e tamén formou parte da compañía de animación musical infantil Os Tres TENedORES . Participou en formacións de música tradicional e foi creador da banda sonora de varios espectáculos teatrais, musicais, de danza e dunha serie infantil da TVG.
e descubre todas as novidades do libro en galego