Doce cancións para doce meses, na escola e mais no fogar: a natureza, a amizade, as nosas festas, os libros... cantando e bailando ritmos contemporáneos de xeito lúdico. Con divertidos videos musicais e contidos adicionais na web
Diplomado en Graduado Social, músico e actor. Tras formarse cos artistas Andrés Pazos e Fabio Mangolini, impartiu clases de teatro e dirixiu representacións en entidades culturais e escolas. Foi actor e percusionista de Els Comediants e Os Quinquilláns.
Foi membro do grupo folk Ophiusa e tamén da Orquestra Os Modernos (Premios Martín Códax da Música na categoría de Orquestras e Grupos de Verbena no ano 2016) e tamén formou parte da compañía de animación musical infantil Os Tres TENedORES . Participou en formacións de música tradicional e foi creador da banda sonora de varios espectáculos teatrais, musicais, de danza e dunha serie infantil da TVG.
e descubre todas as novidades do libro en galego