Un relato necesario e esperanzador sobre a infancia, a tolerancia e a diversidade como antídotos contra a violencia e a guerra. Nun tempo en que non existían os teléfonos móbiles, o señor Bianchi, representante de comercio que viaxaba por toda Italia, chamaba todos os días a súa filla para contarlle
Gianni Rodari (Omegna, Llombardia, 1920 - Roma, 1980).
Escritor, xornalista e pedagogo, foi cronista de "L'Unità" desde 1947, e en 1950 funda e dirixe "Pionere", o primeiro semanal para nenos de inspiración democratica. De 1968 a 1977 dirixe "Il giornale dei genitori". Desde a publicación do seu primeiro volume para nenos "II libro delle filastrocche" (1950), toda a súa obra -contos, novelas, poemas- representa un xiro renovador na literatura infantil, o que o fará merecedor do premio "Andersen" (o Nobel da literatura infantil e xuvenil).
Como pedagogo, levou a cabo unha actividade incansable, sempre ao servizo da renovación educativa. A xa famosa "Gramática da fantasía" é o principal expoñente das súas ideas neste campo: este libro converteuse co tempo nun texto de referencia obrigatoria para os profesionais da educación lingüística e lectora.
e descubre todas as novidades do libro en galego