Estamos ante un dos relatos incluidos en “Contos por teléfono”, unha das obras mestras de Gianni Rodari, que adquire autonomía propia neste álbume ilustrado co peculiar estilo do artista Alessandro Sanna. Logo de “Confundindo historias”, editado tamén por KALANDRAKA en galego e castelán, esta
Gianni Rodari (Omegna, Llombardia, 1920 - Roma, 1980).
Escritor, xornalista e pedagogo, foi cronista de "L'Unità" desde 1947, e en 1950 funda e dirixe "Pionere", o primeiro semanal para nenos de inspiración democratica. De 1968 a 1977 dirixe "Il giornale dei genitori". Desde a publicación do seu primeiro volume para nenos "II libro delle filastrocche" (1950), toda a súa obra -contos, novelas, poemas- representa un xiro renovador na literatura infantil, o que o fará merecedor do premio "Andersen" (o Nobel da literatura infantil e xuvenil).
Como pedagogo, levou a cabo unha actividade incansable, sempre ao servizo da renovación educativa. A xa famosa "Gramática da fantasía" é o principal expoñente das súas ideas neste campo: este libro converteuse co tempo nun texto de referencia obrigatoria para os profesionais da educación lingüística e lectora.
e descubre todas as novidades do libro en galego