Un álbum sobre a convivencia e as relacións humanas co sentido do humor e a fina ironía de Teresa Duran e Gustavo Roldán. A señora A tíñalle pánico ás cores. O amarelo dáballe calafríos; o verde, urticaria; o azul, dor de gorxa e o vermello causáballe febre, dor de estómago, cagarría e espirros. Por
Teresa Duran i Armengol (Barcelona, 16 de decembro de 1949) é unha escritora e ilustradora catalá, moi destacada pola súa dedicación no libro infantil e xuvenil, tanto no campo da creación como da investigación, a crítica literaria ou distintas formas de docencia e difusión.
Teresa Duran, deseñadora gráfica e doutora en Pedagoxía foi profesora do Departamento de Didáctica da Educación Visual e Plástica da Universidade de Barcelona. A súa tese doutoral sobre Els suports narratius dins a literatura infantil (2001), obtivo o premio extraordinario do claustro da Facultade de Pedagoxía, e foi publicada posteriormente co título de Àlbums i altres lectures. Dentro do ámbito catalán é máis coñecida como escritora ou crítica de literatura infantil ilustrada.
Tamén foi comisaria e coordinadora de moitas exposicións de temática literaria ou cultural para entidades de alto nivel estatal e local, e fixo guións para medios audiovisuais públicos ou museísticos e recibiu bastantes premios nacionais e internacionais pola súa obra literaria e pedagóxica.
e descubre todas as novidades do libro en galego