Descubre como nacen e como viven os animais que temos máis preto de nós e os das terras máis distantes A lebre que corre polos prados, o paxaro que fai o seu niño no bosque, o pingüín que vive entre o xeo e a neve, a bolboreta de cen cores...
Teresa Duran i Armengol (Barcelona, 16 de decembro de 1949) é unha escritora e ilustradora catalá, moi destacada pola súa dedicación no libro infantil e xuvenil, tanto no campo da creación como da investigación, a crítica literaria ou distintas formas de docencia e difusión.
Teresa Duran, deseñadora gráfica e doutora en Pedagoxía foi profesora do Departamento de Didáctica da Educación Visual e Plástica da Universidade de Barcelona. A súa tese doutoral sobre Els suports narratius dins a literatura infantil (2001), obtivo o premio extraordinario do claustro da Facultade de Pedagoxía, e foi publicada posteriormente co título de Àlbums i altres lectures. Dentro do ámbito catalán é máis coñecida como escritora ou crítica de literatura infantil ilustrada.
Tamén foi comisaria e coordinadora de moitas exposicións de temática literaria ou cultural para entidades de alto nivel estatal e local, e fixo guións para medios audiovisuais públicos ou museísticos e recibiu bastantes premios nacionais e internacionais pola súa obra literaria e pedagóxica.
e descubre todas as novidades do libro en galego