Un fantástico libro de versos que a nai de Croque lle recitaba cando el era un cullarapo. "O cullarapo Croque" agasállanos con oitenta páxinas cheas de poesía, de fermosas ilustracións e, sobre todo, de moita dozura, nas que os autores conseguen achegar aos nenos temas coma o amor, os soños, o
Luz Mª Beloso Rodríguez, coñecida como Luz Beloso, nada o 17 de maio de 1968 en Monforte de Lemos, é unha profesora, pintora e ilustradora galega.
Licenciada en Belas Artes, especialidade de pintura, na Universidade de Salamanca, exerceu de profesora de Educación Plástica e Audiovisual en Galicia desde 1993 no IES As Barxas de Moaña e desde 2019 como profesora de Artes no IES María Soliño de Cangas.
Impartiu obradoiros, cursos de formación a profesores e palestras sobre proxectos e experiencias de aula en diferentes eventos e encontros educativos: SIMO, Culturgal, Curso de Arte e Educación no “Centro Galego de Arte Contemporánea”, Escola TIC CAFI, xornadas Espiral colegio Base...
Pintora e ilustradora, participou en numerosas exposicións nacionais e internacionais, como Luz Beloso. Exposición, MITCFC de Cangas, xullo 2020.
e descubre todas as novidades do libro en galego