Rosalía de Castro (1837-1885) é a figura máis insigne das nosas letras. Iniciou o chamado Primeiro Renacemento galego e deulle prestixio á nosa lingua cando se percibía como un dialecto. Esta antoloxía, preparada pola profesora Elsa Baluja, escolma varias ducias de poemas de Cantares Gallegos e…
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.
O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
e descubre todas as novidades do libro en galego