1. INICIO
  2. > Libros
  3. > NON HAI LUZ SEN ESCURIDADE
NON HAI LUZ SEN ESCURIDADE

NON HAI LUZ SEN ESCURIDADE

Andrea Barreira Freije
0 veces listado

Non hai luz sen escuridade é a primeira novela da brañega Andrea Barreira e cóntanos a historia de Lea, a Princesa da Escuridade, que leva desde que era unha nena a se debater entre o que os seus pais agardan dela e o medo que lle dá aquilo en que pode converterse. Cando chega o momento de facer a…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Urco Editora
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4156-9968-2
EAN
9788415699682
Formato
LIBRO EN OTRO FORMATO
Avatar

Andrea Barreira Freije

Ver autor

Andrea Barreira Freije, nada na Fonsagrada en 1986, é unha escritora galega.

Graduada en xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, mestrado en Comunicación Científica, Tecnolóxica e Medio-ambiental pola Universidade Carlos III de Madrid e outro en Estudos Internacionais pola pola Universidade de Santiago de Compostela.

Imparte obradoiros de escritura para adolescentes e adultos.

Foi xestora cultural, tradutora, locutora, dependenta… e pedagoga.

Forma parte da plataforma de crítica literaria feminista A Sega, que visibiliza o traballo das escritoras.

Publicou o conto infantil de Nadal, Que pode saír mal? para as actividades Pontexogos (Pontevedra) do Nadal 2016/17, ilustrado por Ana Seoane.

En 2023 gañou o VII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade coa obra Quen precisa unha avoa?

Valoracións das lectoras e lectores
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
pialfa
4

que libro máis infravalorado. moléstame moito non telo descuberto antes, porque sei que gostaría moito máis del se o tivese lido pola época na que saíu. é certo que o primeiro capítulo é algo meh, mais adorei acompañar a viaxe de Lea. amei que é unha protagonista impulsiva, coas súas inseguridades, que non quere seguir as expectativas dos pais pero tampouco é ben recibida polas forzas do ben. a amizade entre Lea e Sarxa é moi bonita (tamén son fan de Sarxa como personaxe) e Amadeo, aínda que o quixese matar repetidas veces, funciona moi ben como foil (parece que en castelán se lle chama a isto florete??? non sei se temos un termo en galego para este concepto). tamén teño que dicir que, aínda que non sexa o mellor libro do universo, xa gañou bastante para min polo tema que trata. adoro ler sobre personaxes que son vistos como viláns pola sociedade na que viven cuestionando a súa moralidade. a maior pega que teño é o estilo da escrita. sinto que, ademais dalgunha falta de comas, abusa das mesmas descricións (non sei cantas veces lin que alguén tiña un "sorriso cruel"). logo tamén está o feito de que sinto que non entendín moi ben o final. teño *teorías*, pero creo que algunhas cousas poderían ser respondidas dunha forma máis clara.

Outros libros de Andrea Barreira Freije

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego