Este libro que tes nas mans fará que, capa a capa, descubras como funciona o teu corpo. Guiarate as xemelgas Elisa e Jimena Fernández de la Vega, as primeiras doutoras que estudaron na Universidade de Santiago sen ocultar que eran mulleres. Estas contribuíron a debuxar o mapa do noso corpo.
Andrea Barreira Freije, nada na Fonsagrada en 1986, é unha escritora galega.
Graduada en xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, mestrado en Comunicación Científica, Tecnolóxica e Medio-ambiental pola Universidade Carlos III de Madrid e outro en Estudos Internacionais pola pola Universidade de Santiago de Compostela.
Imparte obradoiros de escritura para adolescentes e adultos.
Foi xestora cultural, tradutora, locutora, dependenta… e pedagoga.
Forma parte da plataforma de crítica literaria feminista A Sega, que visibiliza o traballo das escritoras.
Publicou o conto infantil de Nadal, Que pode saír mal? para as actividades Pontexogos (Pontevedra) do Nadal 2016/17, ilustrado por Ana Seoane.
En 2023 gañou o VII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade coa obra Quen precisa unha avoa?
e descubre todas as novidades do libro en galego