Nuno é un neno diferente. Naceu cunha nube na cabeza. Non coñece a ninguén cun pelo como o seu. E, claro, un día cansa de ser distinto aos outros... Pelo de nube celebra a diferencia: somos únicos, somos especiais.
No ano 2008, Iria e Dani decidiron mudarse ao rural. Para iso deron un paso previo por Monforte, onde abriron a tenda Cascabel, compaxinando esta cos seus primeiros traballos editoriais e co deseño gráfico. No 2011 aséntanse definitivamente en Pantón.
Na actualidade, os dous son a base de Estudio Gnomo, proxecto co que se adican plenamente a escribir e ilustrar libros infantís e ao deseño gráfico.
e descubre todas as novidades do libro en galego