creo que o maior problema deste libro é que é máis denso do necesario. sei que non é pola escolla ortográfica porque xa lin outros libros que usan a norma reintegrada e non tiven problema con eles. as frases son longas de máis e hai demasiadas comas en sitios nos que non son necesarios. logo, amei o contido en si. trátanse un montón de cuestións dentro do "tradicional", o folclore, a representación, as tácticas franquistas de control e obtención de poder, a manipulación mediática... chamoume a atención a contradición do uso do celtismo: representa un pobo guerreiro e masculino cando se fala do pasado español e católico contra os musulmáns e un pobo dócil, primitivo e feminino que debe ser controlado na actualidade. non entendín moi ben como puideron coexistir estes dous pensamentos ata que me din conta de que cousas semellantes ocorren hoxe en día. un exemplo disto é o discurso da dereita sobre os emigrantes: só están aquí para recibir axudas sen mover un dedo mais ao mesmo tempo son quen nos quitan os traballos. outra cuestión salientable é a forma na que fala do turismo. velo como unha forma na que a xente busca fuxir do seu traballo, do seu día a día atrapados no capitalismo, buscando algo distinto e novo, fíxome ver a forma na que exoticizamos o alleo para encher un vacío das nosas vidas. non somos conscientes de que ese vacío é omnipresente. a globalización fixo que, aínda que obviamente existen diferencias culturais entre diversos pobos, a maioría das cousas quedaron homoxeneizadas. creo que esta é unha análise importante, non só no contexto galego, senón para falar de todo o mundo.
e descubre todas as novidades do libro en galego