A madrugada do 2 de xaneiro de 1921 o vapor correo Santa Isabel, con 270 persoas a bordo, afrontou un terrible temporal nas costas galegas. Esta novela, rigorosamente documentada, narra con ritmo vibrante os extraordinarios acontecementos daquela noite memorable. As reaccións da tripulación e da
Manuel Carlos Núñez Singala, nado en Lugo o 23 de setembro de 1963, é un escritor galego.
A Terra Chá foi a súa primeira patria, onde viviu até a adolescencia. Estudou, traballou e viviu máis tarde en Santiago de Compostela. Estudou Filoloxía Galega e traballou no Parlamento de Galicia, na Xunta e finalmente, na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixe, desde 1988, o Servizo de Normalización Lingüística.
É coordinador da Comisión Técnica de linguaxes de Especialidade do Consello da Cultura Galega e membro do Comité internacional da Rede Panlatina de Terminoloxía.
e descubre todas as novidades do libro en galego