Velaquí un dos libros máis sorprendentes de todos cantos se teñen publicado na nosa lingua nos últimos anos. Literatura á carta. Unha carta literaria. Literatura con sabor. Historias gorentosas para darlle gusto ao noso padal. Contos para comer, para mastigar de vagar, para gozar e repetir. Un menú
Manuel Carlos Núñez Singala, nado en Lugo o 23 de setembro de 1963, é un escritor galego.
A Terra Chá foi a súa primeira patria, onde viviu até a adolescencia. Estudou, traballou e viviu máis tarde en Santiago de Compostela. Estudou Filoloxía Galega e traballou no Parlamento de Galicia, na Xunta e finalmente, na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixe, desde 1988, o Servizo de Normalización Lingüística.
É coordinador da Comisión Técnica de linguaxes de Especialidade do Consello da Cultura Galega e membro do Comité internacional da Rede Panlatina de Terminoloxía.
e descubre todas as novidades do libro en galego