1. INICIO
  2. > Libros
  3. > A AVOA GÁNSTER
A AVOA GÁNSTER

A AVOA GÁNSTER

David Walliams
0 veces listado
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
SUSHI BOOKS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4168-8410-0
EAN
9788416884100
Formato
LIBRO EN OTRO FORMATO
Avatar

David Walliams

Ver autor

David Edward Williams (20 de agosto de 1971), coñecido como David Walliams , é un actor, humorista, escritor, xuíz de concursos de talentos e presentador británico coñecido pola súa participación xunto a Matt Lucas no programa Little Britain .

Desde 2012, Walliams foi xuíz en Britain's Got Talent . Escribiu e protagonizou dúas tempadas de Big School , interpretando ao profesor de química Keith Church. En 2015, tivo o papel principal de Tommy Beresford en Partners in Crime, baseada nas novelas de Agatha Christie sobre Tommy e Tuppence Beresford .

Walliams tamén é autor de libros infantís. Vendeu máis de 25 millóns de exemplares e os seus libros foron traducidos a 53 idiomas. Foi descrito como "o autor infantil de máis rápido crecemento no Reino Unido" e o seu estilo de escritura foi comparado co de Roald Dahl.

Valoracións das lectoras e lectores
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias
4

Este libro de David Walliams, A avoa gángster, preséntasenos en galego publicado por Sushi books. O seu autor, David Walliams vén avalado polo seu historial como humorista, en especial pola divertidísima Little Britain. Ese humor aparece en cada capítulo de A avoa gángster, cunha avoa única e unha serie de situacións que non deixan indiferente a ningún lector ou lectora. Ben ten unha avoa aparentemente aburrida: amante do Scrabble, do repolo, con pelos no queixelo e peidos que se lle escapan con excesiva frecuencia. Os pais de Ben non parecen esforzarse en atender as necesidades da vella nin tampouco de atender ao seu fillo nos seus desexos, salvo que este decida orientar a súa vida ao baile, a gran paixón da parella. Os pais de Ben ven canto programa de baile existe na televisión, especialmente se nel está Flavio Flavioli. Esta avoa tan típica e pouco interesante recibe cada semana a Ben, que non ten moito interese na visita ata que un día descobre unha chea de xoias na lata das galletas. Así descobre o pasado gángster da avoa e acaban ambos por deseñar un plan para roubar as mellores xoias do Reino Unido, as da raíña. O retrato da familia é do máis interesante e divertido. A min gústame especialmente o de Ben, que sofre os desexos da familia de facer del un bailarín en lugar de fontaneiro, algo que sería a ilusión de Ben. Tamén o de Raj sempre coas súas ofertas imposibles de resistir! É unha obra moi atractiva para un público preadolescente que guste dun libro divertido e con certo misterio. Un par de puntos extras para esta obra son as ilustracións de Tony Ross (que me recordan tanto ás de Quentin Blake!) e a marabillosa tradución de Moisés Barcia que fan da novela unha obra moi doada e agradable de ler en galego. Moi recomendable!

Outros libros de David Walliams

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego