Preguntástesvos algunha vez como sería ter un millón no banco Ou mil millóns E un billón Ou mesmo un trillón Pois preséntovos a Joe Spud. Joe non necesitaba imaxinar como sería posuír diñeiro a carradas, diñeiro a dar co pé, montes e moreas de diñeiro. Porque só tiña doce anos, pero estaba o que se
David Edward Williams (20 de agosto de 1971), coñecido como David Walliams , é un actor, humorista, escritor, xuíz de concursos de talentos e presentador británico coñecido pola súa participación xunto a Matt Lucas no programa Little Britain .
Desde 2012, Walliams foi xuíz en Britain's Got Talent . Escribiu e protagonizou dúas tempadas de Big School , interpretando ao profesor de química Keith Church. En 2015, tivo o papel principal de Tommy Beresford en Partners in Crime, baseada nas novelas de Agatha Christie sobre Tommy e Tuppence Beresford .
Walliams tamén é autor de libros infantís. Vendeu máis de 25 millóns de exemplares e os seus libros foron traducidos a 53 idiomas. Foi descrito como "o autor infantil de máis rápido crecemento no Reino Unido" e o seu estilo de escritura foi comparado co de Roald Dahl.
e descubre todas as novidades do libro en galego