O xabaril Timoteo ten un problema co aseo: aínda que se cre un galán, cheira como un marrán. Un día chega á casa a súa amiga Tomasa, quen, con graza e cariño, sinala o seu desaliño.Outros amigos axudan nesta tola aventura mentres o noso Timoteo vai de enleo en enleo. Chega a terceira entrega desta
Gracia Iglesias (Madrid, 1977) é escritora, contadora de historias e xornalista. Despois de traballar para importantes medios de comunicación, agora dedícase por completo á literatura, á narración de historias e á docencia a través da ELIJ, a súa Escola de Literatura Infantil e Xuvenil. Publicou case sesenta libros e recibiu varios premios, incluído o Premio Luna de Aire de poesía infantil.
A súa obra foi traducida a dez idiomas. Entre os seus moitos títulos, destacan os libros ilustrados Felipe ten a gripe, Marcelina na cociña e A visita estraña, así como o álbum de cancións infantís Canta con Gracia e Salero e a serie Tembleques, dirixida a nenos pequenos que xa len de forma independente.
e descubre todas as novidades do libro en galego