Unha historia terroríficamente divertida, chea de sorpresas nunha noite escura de raios e tormenta na que "Unha velliña que soa estaba sempre desexaba ter compaña e todas as noites, moi triste e rechumida, sentaba a fiar, agardando visita. Ela fiaba e fiaba e agardaba e agardaba, pero a visita non
Gracia Iglesias (Madrid, 1977) é escritora, contadora de historias e xornalista. Despois de traballar para importantes medios de comunicación, agora dedícase por completo á literatura, á narración de historias e á docencia a través da ELIJ, a súa Escola de Literatura Infantil e Xuvenil. Publicou case sesenta libros e recibiu varios premios, incluído o Premio Luna de Aire de poesía infantil.
A súa obra foi traducida a dez idiomas. Entre os seus moitos títulos, destacan os libros ilustrados Felipe ten a gripe, Marcelina na cociña e A visita estraña, así como o álbum de cancións infantís Canta con Gracia e Salero e a serie Tembleques, dirixida a nenos pequenos que xa len de forma independente.
e descubre todas as novidades do libro en galego