Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
A piques de empezar o verán de 1986, Fran, un rapaz de 15 anos, vese obrigado a marchar á casa dos seus avós en Caldarcos, “a aldea máis fría do mundo, o máis semellante que coñecía ao Oeste”. El quere quedar en Pontevedra, xunto aos seus amigos, facendo surf e vendo a Carme, a rapaza máis desexada
A piques de empezar o verán de 1986, Fran, un rapaz de 15 anos, vese obrigado a marchar á casa dos seus avós en Caldarcos, “a aldea máis fría do mundo, o máis semellante que coñecía ao Oeste”. El quere quedar en Pontevedra, xunto aos seus amigos, facendo surf e vendo a Carme, a rapaza máis desexada do instituto.
A pesar das súas constantes negativas e de ter claro que en Caldarcos non hai nada que facer, a Fran ábreselle un novo mundo no que coñecerá a unha rapaza cuspidiña á cantante Cyndi Lauper, a un cura que ten un aquel con don Vito, o xefe da mafia, a Fiúncho, un mozo desgairado... Pero sobre todo descubrirá o gran segredo da avoa: o Grupo dos Perdidos.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro