1. INICIO
  2. Libros
  3. O ASASINATO DA PROFESORA DE XEOGRAFIA
O ASASINATO DA PROFESORA DE XEOGRAFIA

O ASASINATO DA PROFESORA DE XEOGRAFIA

Pere Tobaruela
0 veces listado

Un misterioso asasinato, o preludio dunha investigación que levará a Matilde e o comisario a enfrontarse a un estraño caso no que se mesturan a realidade, os soños e as lendas e onde nada nin ninguén é o que parece.

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EMBORA
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4178-2414-3
EAN
9788417824143
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

Pere Tobaruela

Ver autor

Pere Manuel Tobaruela Martínez, nado en Barcelona o 14 de novembro de 1965, é un escritor en catalán, galego e castelán.

É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Barcelona, comezando a súa carreira literaria en 1999, primeiro en catalán, e posteriormente en lingua galega. Chegou a Galicia o 26 de decembro do 2005 e en setembro do ano seguinte presentou a primeira obra en galego. Reside actualmente en Rois.

Valoracións das lectoras e lectores
4.0
13 valoracións

5 estrelas

31%

4 estrelas

46%

3 estrelas

15%

2 estrelas

8%

1 estrelas

0%
Avatar
Guepardo
5

RESUMO O ASASINATO DA PROFESORA DE XEOGRAFÍA: Todo comezou cando a profesora de xeografía de Matilde apareceu morta no parque. A mestra era especialista na investigación de topónimos e moi querida polos seus alumnos. O comisario Agrelo, pai de Matilde, comeza a investigar este caso cando se decata de que varios sucesos estraños están a acontecer como que o perseguen dous individuos, que levan de súpeto a carpeta cos apuntamentos da mestra.. Tirando do fío o comisario decátase de que no momento da súa morte a mestra estaba buscando información sobre a orixe de tres topónimos “ Zurraco, Meixón e Treitas” e un poderoso home de negocios chamado Sebastián Toxo non quere que ninguén saiba máis da conta sobre este asunto. A investigación leva ó comisario a coñecer a moita xente que non sempre é o que semella coma o pai Anxelo, cura na sé de Mondoñedo, do que aprende que os pautos co diaño existen por moi incrible que pareza. Este foi o motivo que levou a Sebastián Toxo a asasinala a mestra de xeografía que estaba moi preto de descubrilo seu segredo que era, nin máis nin menos, que fai uns 200 anos el mesmo lle vendera a súa alma ó diaño nas covas do Zurraco. OPINIÓN O libro gustoume moito porque esta escrito dun xeito que resulta sinxelo de ler e enganchoume dende o principio. Tamén me pareceu interesante que como vai sendo o proceso de investigación do asasinato da mestra porque de xeito coherente vainos explicando cousas e lévanos dun sitio a outro. Sorprendeume como os topónimos poden chegar a ter tanta historia e tamén o tema do diaño xa que non é moi coñecido polo menos por min. Para rematar, eu recomendaría este libro as persoas que lles gustan os misterios, crimes e tamén aqueles que lles gusta saber da orixe dos nomes dos lugares xa que lle axudan a empregar a imaxinación.

Avatar
MGD
5

A historia empeza cun crime misterioso: a profesora de xeografía aparece morta nun paque, rouban unha proba e aparecen uns homes extraños. A partir dese momento, Matilde, unha rapaza curiosa e intelixente, participa na investigación xunto co comisario Agrelo, que é seu pai. Detrás do asasinato hai segredos ocultos e personaxes que non son o que parecen. Hai unha mestura de realidade, lendas e soños que son mensaxes. A profesora de xeogragfía descubriu os topónimos que levaban a coñecer o diaño. Cando Sebastián Toxo, un magnate que xa tratara co diaño, veu o seu segredo en perigo, decidiu matala. E aos que investigaban tamén foi tratando de eliminalos. A novela pareceume moi entretida. Ten moita intriga e enganchoume ata o final, aínda que foi un pouco liosa, xa que é todo moi inesperado. Non me agradou por completo o final do libro por como remataron algúns persoaxes. Tamén me gustaría saber que foi da cova e do diaño. Este libro míroo moi interesante para as persoas que lles gusta resolver misterios.

Outros libros de Pere Tobaruela

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego