Esta guía convida a unha viaxe íntima e poética e será fiel compañeira do camiñante no seu percurso polo interior do finisterrae europeo, tomando como fío condutor a lírica dos trobadores, un dos máis senlleiros patrimonios literarios que a península Ibérica legou á humanidade. É a experiencia da
Mariña Arbor Aldea, nada o 17 de outubro de 1973 en San Fagundo, San Cristovo de Cea, é unha filóloga, profesora, investigadora e política galega.
En 1997 graduouse en Filoloxía Románica e ao ano seguinte en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi Premio Extraordinario de Licenciatura, Premio Extraordinario de Doutoramento e Premio Dámaso Alonso de Investigación Filolóxica En 2001 doutorouse en Filoloxía Románica na USC. Realizou un bienio de posdoutoramento na Università degli Studi di Padova (Italia), regresou á USC como Investigadora Ramón y Cajal, sendo desde 2010 Profesora Titular de Universidade na USC.
É investigadora principa no Portal Universo Cantigas, xunto co profesor Manuel Ferreiro da UDC, que ten como obxectivo a edición crítica en liña de toda a lírica medieval galego-portuguesa.
e descubre todas as novidades do libro en galego