No volume ofrécese unha descrición da lírica profana galego-portuguesa situándoa nas súas coordenadas histórico-políticas e culturais, ofrécese unha selección de textos das orixes acompañadas de tradución ao galego moderno, fornécese un estudo sobre a música destes textos e achégase unha reportaxe
Mariña Arbor Aldea, nada o 17 de outubro de 1973 en San Fagundo, San Cristovo de Cea, é unha filóloga, profesora, investigadora e política galega.
En 1997 graduouse en Filoloxía Románica e ao ano seguinte en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi Premio Extraordinario de Licenciatura, Premio Extraordinario de Doutoramento e Premio Dámaso Alonso de Investigación Filolóxica En 2001 doutorouse en Filoloxía Románica na USC. Realizou un bienio de posdoutoramento na Università degli Studi di Padova (Italia), regresou á USC como Investigadora Ramón y Cajal, sendo desde 2010 Profesora Titular de Universidade na USC.
É investigadora principa no Portal Universo Cantigas, xunto co profesor Manuel Ferreiro da UDC, que ten como obxectivo a edición crítica en liña de toda a lírica medieval galego-portuguesa.
e descubre todas as novidades do libro en galego