Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
'Retorno sen volta' é o primeiro libro de poemas dun autor e docente que posúe unha longa traxectoria na defensa da lingua: Xosé Lastra Muruais (A Pontenova, 1952). O escritor logrou con esta obra, en 2021, o Premio de Poesía do Certame Literario de Vilalba, na súa edición número 47. Trinta e tres…
'Retorno sen volta' é o primeiro libro de poemas dun autor e docente que posúe unha longa traxectoria na defensa da lingua: Xosé Lastra Muruais (A Pontenova, 1952). O escritor logrou con esta obra, en 2021, o Premio de Poesía do Certame Literario de Vilalba, na súa edición número 47. Trinta e tres poemas onde o autor reflexiona sobre o paso fuxidío do tempo e o desexo dun retorno imposible. Sobre a soidade, a dor da perda, mais tamén sobre a paixón amorosa e o desacougo. A poeta Rosalía Fernández Rial afirma no limiar: «Ao anainar este libro entre as mans, lectora, lector, completarás con catarse os ocos do teu baleiro, porque só se pode seguir camiño combatendo a dor con cantos. Sexamos, pois, cómplices dos pequenos himnos cotiáns, tribo verbal, rebeldía fronte á devastación». O libro está ilustrado por Leandro Lamas (Narón, 1973).
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Xosé Lastra Muruais (A Pontenova, 1952) exerceu como mestre de Educación Primaria en colexios de Ferrol, A Coruña e Terrassa. Foi director dos colexios de Punta Arnela, A Laxe-Valón e Manuel Masdías. Membro fundador do grupo Avantar e de Nova Escola Galega (NEG), da que actualmente é presidente. Coautor e/ou coordinador dos dous modelos de normalización lingüística para o ensino publicados por NEG e membro da Coordinadora e da Mesa estatal de Movementos de Renovación Pedagóxica. Coordinador e/ou coautor de diferentes materiais relacionados coa lingua galega, ciencias sociais e naturais ou coa súa didáctica no ensino. Foi coordinador editorial do Dicionario Xerais da Lingua. É así mesmo coautor xunto con Xiana Lastra d’O meu primeiro Celso Emilio e d’A miña primeira Rosalía; con Manuel Veiga, de Manuel María. Vida, versos e rebeldía. 'Retorno sen volta' é o seu primeiro libro de poesía.